O estudantado pechado na Biblioteca Nodal de Ourense, desaloxada violentamente no día de onte pola policía española, contan en primeira persoa o acontecido, que contradí a versión da Subdelegación do Goberno e da Xunta de Galiza. Tamén imaxes e videos das mobilizacións de onte:
“Xuntámonos as diferentes organizacións e decidimos facer un peche”,
“Nun principio chegou a policia e dixeron que tomarían medidas, chegaron 6 coches de policia, organizámonos, entraron uns 15 policias e avisáronnos que tiñamos que sair de alí. Xuntámonos, agarrámonos e comezaron a atacarnos. A maioría eramos menores de idade, eramos rapazas que queriamos estudar sen molestar a ninguén. Foron eles quen utilizaron a violencia e quen romperon mobiliario da biblioteca que estabamos coidando”,
“Acaban de denunciarnos por romper o material da biblioteca cando sabemos que foron eles, eles chegaron e rompérono todo“
Imaxinar, resistir, movemento estudantil!






