Malia o compromiso adquirido polo Xefe de Gabinete da Alcaldía e o Concelleiro de Mobilidade, a plataforma contra a ordenanza, realizará un seguimento do nivel de cumprimento do acordo que deberá concretarse na modificación da ordenanza e presentarán as alegacións oportunas.
O Concello comprometeuse a non incluir ás organización sen ánimo de lucro no texto, polo que quedarían exentas do pago de taxas, de ter que buscar un aval, pagar o enganche de luz…
Malia creren que é preciso verificalo, este compromiso por parte do Concello é valorado positivamente polas entidades sociais, culturais e veciñais, aínda que cren que é preciso un cambio profundo de actitude por parte do Concello en relación cos problemas que leva creado neste último ano (limitación á celebración de actividades musicais, denegación de permisos, imposición de taxas a actividades gratuítas, ou dificultades a actividades cunha longa traxectoria en Santiago), polo que manterán a súa actividades de difusión da importancia que ten para o conxunto da cidadanía que Santiago se manteña como cidade referencial na utilización dos espazos públicos como lugares de expresión cultural, social e democrática.
Neste sentido, coa idea de facer visíbel ante a cidadanía a necesidade de que os espazos públicos sexan lugares para a expresión social e cultural, o vindeiro venres 7 de xullo realizaranse un roteiro musical que comezará ás 19h na Praza do Toural.
Haberá actuación musicais, lectura de textos e poemas, danza…
Anímate e participa!
Repartiranse panfeltos informativos e recolleranse sinaturas contra a ordenanza municipal.
A rúa é o escenario perfecto para a cultura, que non nolo quiten.







