Campañas, En destaque, Novas|02/11/2011 20:45

Paremos a Normativa de Permanencia! Mobilicémonos!

 

A Liga Estudantil Galega presenta a súa campaña gráfica co gallo da convocatoria o vindeiro mércores 9 de novembro dunha folga e unha manifestación, con saída ás 12:30 horas da praza do Toural, impulsadas conxuntamente por todas as organizacións estudantís presentes na USC.

É precisa a implicación e a forza de toda a comunidade educativa en xeral e dos estudantes en particular para alzar a voz contra unha norma agresiva e lesiva co estudantado. Contra isto debemos camiñar unidos e non esquecer que esta normativa pódese parar e ímola parar.

 

* Queres saber máis da Normativa de Permanencia? Consulta as claves para entender a normativa,  a nosa posicion sobre ela ou todas as accións que levamos impulsado.

 

Podes descargar o panfleto que editamos con anterioridade ou consultalo on line:

Publish at Calaméo or browse the library.

e tamén descargar o cartaz en b/n ou o cartaz a cor.

 

Non máis trabas para estudar! Paremos a Normativa de Permanencia!

9 de novembro folga xeral na USC!

Tags:
  • Share this post:
  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • Digg