No pleno de hoxe do Consejo de Estudiantes Universitarios del Estado, os representantes das tres universidades galegas amosamos un posicionamento conxunto en oposición frontal aos brutais recortes en educación que está levando a cabo o goberno do Estado, que afondan na liña de mercantilización do ensino superior, para despois abandonar a sesión ao consideralo un pleno ilexítimo, que ademáis chega tarde e só busca un lavado de cara do goberno e unha foto de normalidade co estudantado. Posteriormente, outras 10 Universidades se uniron a esta protesta (a Universidade de Oviedo e 9 andaluzas).
O CEUNE, un órgano supostamente consultivo, convocouse con máis de 6 meses de retraso e unha vez xa foran aprobadas as principais reformas no eido universitario. Estas reformas supoñen un brutal incremento de taxas, descenso do número de bolsas, a súa
transformación en moitos casos en empréstitos e un menor gasto no ensino público.
Os representantes galegos amosaron o seu disgusto polas seguintes cuestións:
-A convocatoria realízase con 6 meses de retraso sobre o calendario establecido polo regulamento do organismo.
-Todas as decisións en materia universitaria están xa tomadas, polo que esta convocatoria é unha farsa e só busca lexitimar estas medidas perante o estudantado.
-Todas as medidas tomadas polo goberno teñen unha compoñente ideolóxica que só ten como obxectivo o desmantelamento da Universidade como servizo Público.
En base a estas medidas, totalmente lesivas, solicitouse a dimisión do Ministro de Educación e, por coherencia, decidimos abandonar o pleno.
Asinado,
Adrián Dios Vicente, representante da USC, Liga Estudantil Galega
Iago Varela Martínez, representante da UVigo, Comités
Amelia Fraga Mosquera, representante da UdC, IESGA







