Liga Estudantil Galega

En galego, sen Wert-goña
A Liga Estudantil Galega organizamos no campus de Lugo, xunto coa asociación cultural Cultura do País un acto festivo denominado  ‘En galego, sen Wert-goña’, co fin de reivindicar o noso idioma e protestar máis unha vez contra LOMCE.

Neste acto contaremos cun espectáculo variado, coa actuación do monologuista Anxo Manoel (membro do grupo Menos dá unha pedra) coa peza ‘Animaliños. Homenaxe a Roberto Vidal Bolaño’ e posteriormente festa rachada cos Ultraqäns.

O acto terá lugar o vindeiro venres 24 de maio a partir das 23:00 horas no Clube Clavicémbalo (R/Paxariños, 22).

Durante o concerto contaremos ademais cun photocall para que todo aquel que o desexe participe na nosa campaña nacional “Por unhas letras do aquí” en homenaxe a Vidal Bolaño. As fotografías publicaranse no tumblr da campaña, onde xa se poden ver as primeiras imaxes realizadas noutros campus.

Esperámoste!

Boicot ao concerto da cantante sionista Noa
Mañá martes 21 de maio o Padroado da Cidade da Cultura, dirixido por Xesús Vázquez, ofrece un concerto da cantante israelí Noa, unha persoa abertamente sionista que ten afirmado en moitas ocasións o seu apoio a esta causa colonialista.

Baixo unha pretendida face de pacifista ocúltase unha persoa que apoiou a ocupación de Gaza e os masacres perpetrados polo exército israelí durante a “Operación Chumbo Derretido” .

Ademais, hai pouco confirmou que participaría nos concertos de celebración do “Día de Xerusalén”, xornada na que os colonos israelís conmemoran a ocupación da zona oriental da cidade en 1967. Ese día, grupos sionistas entran na zona con bandeiras e armas e provocan, insultan e ameazan as familias palestinas que resisten na zona.

A visita de Noa é parte da campaña “Brand Israel”, unha operación de lavado de cara que o estado sionista está a realizar, levando a escritores e personalidades amosadas como pacifistas por toda Europa para invisibilizar a causa palestina e “normalizar” aos ollos da humanidade a eliminación deste pobo mediante sucesivas operacións de limpeza étnica e ocupación do seu territorio.

Desde a Liga Estudantil Galega opómonos frontalmente aos ataques e provocacións do estado sionista e defendemos a loita do pobo palestino, polo que chamamos a participar do boicot activo ao sionismo en todas as súas formas. Animamos a todo o estudantado e á sociedade en xeral a participar da concentración convocada pola plataforma BDS-Galiza mañá martes 21 de maio no Gaiás a partires das 20:15 horas.

STOP sionismo!

Palestina vencerá!

Aprobada a LOMCE de costas á comunidade educativa
O goberno central acaba de aprobar o pasado venres 17 de maio, día feriado na Galiza, a sétima reforma educativa, a LOMCE, que nos devolve aos anos de posguerra. Esta reforma foi deseñada e aprobada só polo Partido Popular, coa defensa a ultranza do ministro Wert que se negou a calquera tipo de negociación coa comunidade educativa e coa oposición parlamentar.

A LOMCE súmase aos ataques dos sectores públicos coa privatización do ensino. Os colexios concertados son os grandes beneficiados; a través destes preténdese unha recentralización do sistema educativo. Faise máis que evidente o carácter españolizador desta lei, xa que a meirande parte das subvencións irán destinadas a estes centros, onde o castelán será a lingua vehicular de todas as materias e onde o galego queda relegado á categoría de lingua estranxeira.

A ideoloxía franquista faise patente nunha lei que eleva a Relixión a un primeiro plano, concedéndolle máis horas que ás humanidades e á propia lingua. Anúlase, así mesmo, a laicidade do Estado, facendo que a relixión conte para a obtención de bolsas. Ademais, poténciase o sistema patriarcal coa segregación por sexos, reforzando os roles de xénero e así, cun currículo diferenciado, encamíñase a saída laboral da muller aos estereotipos machistas.

Só un goberno que ve na educación un negocio pode fomentar o ensino privado por enriba do público, encamiñar a vida académica ao mercado e propiciar un ensino unicamente memorístico co sistema de reválidas. Un sistema que merma a excelencia académica, primando só as reválidas e condicionando o futuro escolar das estudantes a estes resultados.

Desde a Liga Estudantil Galega manifestamos o noso rexeitamento a esta reforma educativa que foi aprobada pola porta de atrás sen escoitar as negativas da comunidade educativa e do conxunto da sociedade. Nós, como organización combativa seguiremos loitando nas aulas e na rúa até tumbar esta lei lingüicida, españolizadora, sexista, clasista e mercantilista e até conquistar un ensino público, galego, democrático, de calidade e non patriarcal.

NON Á LOMCE!

A loita continúa!

Por unhas letras do aquí
Chega, outro ano máis, a semana das Letras Galegas. Desta volta o 17 de maio homenaxéase a Roberto Vidal Bolaño, dramaturgo compostelán, e desde a Liga Estudantil Galega non queremos deixar pasar a oportunidade de unirnos á celebración.

Vidal Bolaño foi autor, mais tamén actor. Foi un home do teatro do que quedaron imaxes icónicas como as súas fotos con chapeu e nariz de pallaso. Desde a nosa organización queremos celebrar estas Letras do teatro con teatro, e por iso, propoñévosmos a seguinte acción. Durante esta semana colocaremos photocalls por varios puntos das universidades onde poderedes convertervos no homenaxeado, e inundaremos as redes de teatro. Se non, sempre podedes facelo vós mesmas na casa e enviarnos á vosa foto a nacional@ligaestudantilgalega.info . O importante é encher Facebook, Twitter, Tumblr e todas as redes sociais de vidalbolaños de cara ao 17.

Así mesmo, recordámosvos que o propio 17,  Día das Letras, ás 12:00 horas sairá desde a Alameda de Santiago de Compostela a manifestación pola lingua convocada por Queremos Galego. Ademais, dispoñibilizaranse autobuses desde diferentes puntos do país para acudir á mesma. Pódense consultar aquí.

Participa!

Teses e resolucións aprobadas na nosa II Asemblea Nacional
Hai hoxe un mes, o pasado sábado día 13 de abril tivo lugar na cidade de Vigo a nosa II Asemblea Nacional baixo o lema “Estudar, loitar, poder popular” logo de varios meses de debates realizados nas asembleas de todo o país nos que analizamos a nosa situación organizativa despois de dous anos de vida, así como a situación política actual na que nos atopamos e as dificultades que teremos que afrontar como estudantes fronte os ataques que cda día sofre un ensino cada vez máis mercantilizado e desmantelado.

Ao longo do día debatemos e aprobamos os textos que servirán como folla de ruta para a nosa actividade diaria ao longo do vindeiro ano Tamén aprobamos unha serie de resolucións sobre diversas cuestións de actualidade, como a situación actual do ensino, da sanidade e dos servizos públicos, conflitos sociais como os desafiuzamentos ou as preferentes, a loita contra o machismo desde o movemento feminista ou a solidariedade internacionalista. As teses aprobadas e a totalidade das resolucións están dispoñíbeis para descargar en pdf ou consultalos en liña.

View this publication on Calaméo

Publish at Calaméo or browse the library.

Na sesión de clausura tivemos a honra de contar coa presenza de diversas delegacións convidadas: Adega, Adiante, A Mesa pola normalización lingüística, Assembleia da Mocidade Independentista, Asociación Cultural A Revira, Asociación Cultural Cultura do País, Bloc d’Estudiants Agermanats (País Valencià), Briga, Centro Social A Revolta, Comités, Confederación Intersindical Galega, Galiza Nova, Isca!, Local Social Faísca, Mocidade Nacionalista Galega, Siareiras Galegas e Sindicato Labrego Galego. Así mesmo, enviáronnos un saúdo por non poderen asistir: AGAL, A Trabe, BDS-Galiza, Fundación Galiza Sempre, Ikasle Abertzaleak (Euskal Herria), Marcha Mundial das Mulleres, Regüelta (Cantabria) e Yesca (Castilla).

Para finalizar a xornada, todas as membros da Liga Estudantil Galega escollemos o novo Consello Nacional que coordinará o traballo segundo as liñas aprobadas durante o novo período. Este estará formado, xunto coas responsábeis de campus e comarcas e a responsábel nacional de mulleres, por:

Alexandre Román – Compostela

Ana Castro – Compostela

Bea Fariñas – Vigo

Emilio V. Lage – Compostela

Felipe Vázquez – Lugo

Iago Sumavielle – Ourense

Iria Rivas – Ourense

Olegario Aguiar – Compostela

Samuel Ben – Compostela

Santi Piñeiro – Compostela

Sara Tobío – Compostela

Víctor Giadás – Compostela

Velaquí un vídeo que dá conta dalgunhas das resolucións aprobadas pola II AN.

Volve o #PecheHistoria
Chega unha vez máis a época de exames e con ela a imposibilidade para a meirande parte do estudantado compostelán de poder estudar nas bibliotecas do seu campus, pois a oferta de espazos de estudo non se axeita ás súas necesidades, xa que o número de prazas ofertadas de espazos de estudo 24 horas ronda o 7% do número de estudantes matriculadas.

Por iso unha vez máis, a segunda neste curso e como continuación á iniciativa iniciada o pasado curso 2011-2012, o estudantado do campus de Compostela volve pecharse na Facultade de Xeografía e Historia para reclamar a apertura dun maior número de espazos de estudo 24 horas que se adecúe ao volume de estudantes do campus.

Desde a Liga Estudantil Galega subcribimos, como xa o fixemos nas anteriores ocasións, as reivindicacións da Asemblea aberta do #pechehistoria e amosamos o noso apoio á loita que compartimos, polo que animamos a todo o estudantado a participar da mesma.

Dispoñibilizamos na nosa web unha ligazón directa ao blogue do #Pechehistoria e a continuación reproducimos o manifesto aprobado no día de onte pola asemblea:

MANIFESTO DO #PECHEHISTORIA

O estudantado péchase de novo na facultade de Xeografía e Historia ante a falta dun espazo de estudo acorde coas necesidades actuais de ofertar un espazo de estudo 24 horas e esixir á Equipa de Goberno da USC que satisfaga as seguintes necesidades:

- Unha oferta de prazas de estudo que se axeite á demanda do estudantado en época de exames. Resulta evidente a escaseza de postos de lectura na USC, con menos de 1500 prazas para un total de 21.000 matriculados. Polo tanto, esiximos a apertura de espazos con prazas suficientes para a demanda do estudantado e polo menos o establecemento dun horario de 24 h para a biblioteca Concepción Arenal durante os períodos de exames.

- A retirada dos tornos que evitan a entrada á Concepción Arenal a toda persoa allea á USC, e que ademáis entorpecen a entrada ao estudantado desta Universidade. Deste xeito, externalízase o problema en troques de darlle unha solución e, ademais, supón un gasto innecesario tanto na súa instalación coma nas medidas de vixilancia que o manteñen. As bibliotecas universitarias deben ser un servizo do cal debería poder beneficiarse calquera membro da sociedade, sen importar que sexa estudante universitaria ou non.

- A dimisión do reitor da USC, Juan Casares Long, por ser o brazo executor na USC dos recortes provocados pola Xunta e polo Goberno central. Durante o seu mandato permitiu que se acabara coa autonomía universitaria, e mantivo posicións contemplativas ante os maiores recortes no ensino universitario nos últimos 30 anos.

- A derrogación da Normativa de Permanencia, por resultar lesiva para a independencia e a liberdade do estudantado á hora de organizar os seus estudos.

- O posicionamento da USC tanto en contra da LOMCE como do plan EU2015, por seren medidas de carácter regresivo , que atacan directamente ao conxunto do estudantado e que limitan a escasa democracia da universidade.

Por todo isto, facemos un chamamento a toda a comunidade estudantil a sumarse a estas reivindicacións achegándose a estudar e participando das asembleas diarias que se celebrarán durante o peche.

Palestina: un pobo permanentemente agredido
O vindeiro martes 14 de maio, a Liga Estudantil Galega, en colaboración co Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de lumes e a plataforma BDS-Galiza, organizamos a palestra “Palestina: un pobo permanentemente agredido”, na que contaremos coa presenza de Elvira Souto e de Mohamed Safa, activista palestiniano.

Este acto realizarase ás 20:00 horas na Facultade de Xeografía, Historia e Arte da USC.

Acude e difunde!

Do resultado das eleccións a Xuntas de Facultade da USC
Tras as últimas eleccións ás Xuntas de Facultades da Universidade de Santiago de Compostela celebradas os pasados 7 e 8 de maio, a Liga Estudantil Galega avaliamos positivamente os resultados, xa que conseguimos ser a forza máis votada tanto no campus de Compostela como no de Lugo. O noso traballo vese revalidado despois de que nas últimas eleccións a Claustro tamén fósemos a organización estudantil que acadou unha maior representación. Deste xeito, a Liga convertémonos na organización do estudantado con maior implantación no eido institucional da USC.

Aínda así, non podemos deixar de resaltar a baixa participación, provocada por dous factores: por unha banda o posibilidade única do voto electrónico, e pola outra, a data das eleccións, en plena época de exames.

Ademais, sabemos do nulo valor das esferas de representación nos órganos de goberno da Universidade, polo que utilizamos estes espazos para elevar a voz crítica do estudantado e recadar información importante de cara a información, formación e divulgación das medidas que os gobernos pretenden levar a cabo na institución educativa.

Por iso na Liga non nos conformaremos con acadar maiorías nos organismos de suposta representación, senón que faremos destes instrumentos non democráticos e infrarrepresentativos unha ferramenta máis na loita contra as políticas que pretendan desmantelar o servizo educativo público.

Resultados do escrutinio

A comunidade educativa di NON á LOMCE
Manifestación en Vigo, con máis de 10.000 persoas

Vídeo das manifestacións de Vigo e Compostela

Unha vez máis, e xa van catro neste curso, o estudantado galego paramos o ensino e saímos ás rúas en rexeitamento ás políticas neoliberais que os gobernos central e da Xunta pretenden aplicar e para defender unha educación galega, pública e de calidade. Desta volta fixémolo de xeito conxunto e unitario con profesorado, pais e nais a través da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.

A folga convocada para a xornada de hoxe foi secundada na Galiza por preto dun 90% de estudantado e profesorado, sendo un dos territorios con maior participación de todo o Estado. Así, contábanse por ducias de milleiros as persoas que encheron as rúas do País esta mañá para esixir a inmediata retirada da LOMCE, a maior contrarreforma impulsada nas últimas décadas.

O estudantado non podiamos ficar calados ante a inminente aprobación do anteproxecto desta mal chamada Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa, unha reforma lesiva e lingüicida, opresora, mercantilizadora, ao servizo do capitalismo, clasista e segregadora, que ataca de xeito frontal e contundente o que coñecemos como ensino público.

O anteproxecto ía someterse a aprobación no Consello de Ministros de mañá venres 10 de maio, mais finalmente NON SERÁ ASÍ E A SÚA APROBACIÓN FICA APRAZADA.

Mais non é este o único ataque que o ensino está a sufrir nos últimos tempos: a Estratexia Universidade 2015, o decreto 14/2012 de medidas urxentes da racionalización do gasto público no ámbito educativo (“Decreto Wert”) ou a futura Lei de Universidades son outras das medidas que profundizan nas políticas neoliberais ao servizo dos mercados.

Somos conscientes da dificultade que temos o estudantado, xunto con toda a comunidade educativa e a sociedade galega para frear os ataques que se están a perpetar tanto no ensino como en todos os servizos públicos e sociais. Porén, non serán quen de afondar as nosas arelas de vitoria, polo que ante cada agresión haberá resposta. Nós seguiremos na rúa berrando máis forte, loitando polos nosos dereitos, por un ensino público, galego, democrático, de calidade, non patriarcal e ao servizo do pobo.

Adiante coa loita estudantil!

Máis cedo ca tarde, venceremos!

[en actualización]

Convocatorias das mobilizacións do 9 de maio
A seguir, facilitamos os lugares e horas das diferentes mobilizacións que se realizarán no noso País o vindeiro xoves 9 de maio, xornada de folga no ensino en rexeitamento á LOMCE e en reivindicación dun ensino público e de calidade:

A Coruña. na Praza de Vigo ás 11:30 horas

Compostela: na Praza do Toural ás 11:30 horas

Lugo. desde o Edificio de Intercentros ás 11:00 horas

Ourense. na Xefatura territorial ás 11:30 horas

Pontevedra: no IES Sánchez Cantón ás 11:00 horas e na praza da Ferrería ás 11:30 horas

Vigo. na Praza dos Cabalos ás 11:30 horas

Vilagarcía de Arousa: na Praza de Galiza ás 11:30 horas

Cangas: na praza do Concello ás 19:00 horas

Dispoñibilizamos tamén as seguintes ligazóns con diferentes materiais formativos sobre a LOMCE e as súas nefastas consecuencias para o estudantado.

En que consiste a LOMCE?

Máis información sobre a LOMCE

Comparativa entre a LOE e a LOMCE (pdf)

View this publication on Calaméo

Publish at Calaméo or browse the library.

Le e difunde!

Acude e participa!

O 9 de maio  sae á rúa contra a LOMCE!