Convocatorias, En destaque, Novas|26/06/2012 17:25

Concentración da PGDEP contra a supresión de unidades e profesorado

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que a Liga Estudantil Galega forma parte, concentrarase mañá mércores 27 de xuño ás 11:30 horas diante da Consellaría de Educación para amosar o seu rexeitamento aos recortes no ensino público e como denuncia  a supresión de unidades e de profesorado programadas pola Consellaría de Educación para o próximo curso 2012-2013.
As medidas previstas, ademais de reducir o profesorado dos centros e despedir docentes, provocarán o incremento do número de alumnado por aula (masificando as aulas), reagruparán alumnado de diferentes niveis educativos nunha mesma aula e reducirán a oferta educativa.

Todas estas medidas dificultan o acceso á educación das clases sociais máis desfavorecidas, van contra a calidade do ensino e significan maior fracaso escolar.

  • Share this post:
  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • Digg