Co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora, dende a Asemblea de Mulleres da Liga Estudantil Galega organizamos un acto coa poeta Luz Fandiño e unha posterior foliada. O acto terá lugar n’ As Dúas, en Compostela, este xoves día 7 por volta das 20h30.
Escollemos esta data para poder participar dos actos convocados no propio día 8 por todo o País pola Marcha Mundial das Mulleres , aos que animamos a todo o estudantado a acudir. As convocatorias son os seguintes:
Vigo: Manifestación ás 20.00 dende a Praza de Portugal a Porta do Sol. Lectura de Manifesto e actuación de Ses.
Ourense: Representación reivindicativa ás 18.30h na Rúa do Paseo, diante de novagalicia banco.
Compostela: Concentración ás 20.00h na Praza 8 de Marzo (San Pedro)
Ferrolterra: Concentración ás 20.00h no Cantón
Costa da Morte: concentración na Praza 8 de marzo ás 19 horas.







