En destaque, Novas|23/07/2012 09:51

A problemática do Traballo de Fin de Grao na Facultade de Química (USC)

Os representantes de estudantes da Facultade de Química queren expresar o seu malestar polo proceso que se está a seguir para a aprobación do Traballo de Fin de Grao.

1º As malas datas escollidas para as realizacións das Xuntas de Facultade extraordinarias.Consideramos que algo tan importante como a aprobación do TFG hai que facelo con tempo e non as presas e en plena época de exames, o cal limitou moito a nosa actuación.

2º A falta de información por parte da equipa decanal. A comisión académica do grao fixo unha proposta de TFG que só enviou aos departamentos, quedando así fóra de todo debate os alumnos/as presentes na Xunta de Facultade. Recibimos o borrador por medios externos e non os oficiais, houbo distintas reunións as que non foi convidado ningún alumno/a para dar a opinión do sector máis numeroso da facultade e o principal afectado pola medida. Despois das primeiras negociacións e modificacions, ninguén foi avisado das mesas.
Denunciamos pois a falta de fluidez dos documentos oficiais da facultade e o feito de que non se conte cos alumnos/as para discutir temas de tal calibre nuns organismos nos que si temos dereito a ter presenza.

3º Na primeira Xunta de Facultade, expresamos as nosas discrepancias arredor do TFG, recollidas neste documento e compartidas por boa parte do profesorado. Despois de case 3 horas de debate esteril, posto que non se achegou posturas, fíxose unha votación na que o TFG foi rexeitado cunha ampla maioría. Pospúxose a súa aprobación para que a comisión (na que segue sen haber alumnos/as) fixera unha nova redacción tendo en conta as alegacións presentadas.
O xoves 19, houbo unha nova Xunta de Facultade, na que se continuou tratando o tema do TFG. Depois de diversos actos de desprezo cara o alumnado por parte do decano, espuxemos de novo as nosas reclamacións, non recollidas no novo anteproxecto. Tras unha prolongada discusión por parte dos representantes e da maioría de profesores co decano, unha ampla maioría dos asistentes pediron someter de novo o anteproxecto a votación, petición denegada. Sen chegar a un acordo común, suspendeuse a Xunta e quedou convocada para o venres 20 á espera dunha resolución da Secretaría Xeral da USC, a pesar da gran cantidade de peticións para que se convocara de novo o luns 23.
Finalmente, o venres aos 10 minutos de comezar a XdF e sen haber alumnos presentes, os/as profesores de 3 departamentos da facultade marcharonse deixando plantado á equipa decanal.

Esta claro que o TFG non conta co apoio alén do decanato. Por iso, emprenderemos tódalas medidas conxuntas e individuais que esten na nosa man para normalizar o proceso de modificación e aprobación.

 

Representantes de alumnos/as da Facultade de Química

  • Share this post:
  • Facebook
  • Twitter
  • Delicious
  • Digg